LA NUEVA MATEMÁTICA ELECTORAL

O dez de marzo de 1972, hai 44 anos, os traballadores de Bazán atopáronse coas portas da factoría pechadas, polo que decidiron se manifestar polas rúas da cidade. A altura das “casas baratas” a policía armada disparou contra os manifestantes, que só puideron responder guindando pedras. A represión causou dous mortos e ducias de feridos, e nos días seguintes alargouse con despedimentos masivos, 160 no estaleiro e outros moitos nas empresas da comarca que se puxeron en folga por solidariedade. O conflito xurdiu polo descontente co pactado no convenio colectivo interprovincial da empresa. Diante desta situación os traballadores da Bazán de Ferrol esixían un convenio de ámbito provincial, onde estivesen representadas as súas demandas salariais e de condicións de traballo. 
A folga de Ferrol, así como a comarcal de 15 días en Vigo en setembro (con 28.000 operarios da industria e construción en paro, así como dos centros de ensino), destacan na historia de Galiza, non só polo grao de mobilización e solidariedade (dado que as folgas estendéronse a outras cidades e vilas), senón pola combatividade amosada na loita contra a ditadura. Tamén pola conciencia de clase traducida en iniciativas, moitas veces de verdadeiro heroísmo. O medo á represión estaba roto, rematar co franquismo, construír unha sociedade máis xusta, acadar o autogoberno para Galiza eran metas conquistábeis.
Mais ese enorme avance de conciencia política, de modificación do estado de ánimo da clase operaria, do estudantado, dos labregos e labregas, non xurdiu da nada. Foi produto dunha década de traballo sindical, político e cultural. Contribuíu un contexto internacional de ascenso das loitas populares e dos movementos de liberación nacional. 
A emancipación das colonias en África e Asia, a Revolución Cubana, a Guerra de Alxeria, o maio do 68 en Francia. Mais, o fundamental foi que as contradicións existentes no país tiveron propostas de resolución dende e para as clases populares, e moi especialmente para a clase traballadora que medraba decote en número e forza. E sobre todo houbo atrevemento, vontade, teimosía. Iso é o esencial daquelas loitas.

LA NUEVA MATEMÁTICA ELECTORAL

Te puede interesar