DAVID, LIBERDADE

Estes gobernos do PP practican cunha teimuda obediencia á in-xustiza. Nun país que indulta a banqueiros condenados por delictos de branca luva, a empresarios kamikazes moi ben relacionados co ministro da in-xustiza Gallardón ou a mossos d`esquadra tan torturadores e miserables que houbo que indultalos por partida dobre; nun país así, acaban na cadea persoas como David Reboredo, condenado hai anos cando estaba enfermo por drogodependencia e que ingresa en prisión anos despois, xa rehabilitado e cunha vida nova, vida que agora queren truncarlle os fariseos do PP: terribles coas persoas normais, benevolentes coas persoas como Camps, Bárcenas, Fabras, e tantos outros alcaldes e edís condenados por delictos continuados de prevaricación urbanística nese pantano de corrupción que tan funcional semella para manter un réximen político e social tan esgotado que vive de roubarnos dereitos e liberdades. David, liberdade!

 

 

 

DAVID, LIBERDADE

Te puede interesar