NORMALIDADE

O PP disponse a levar adiante unha reforma electoral de tal gravidade que necesita cambiar socialmente o que a maioría da xente entende como normal. Como en toda sociedade en cambio, a nosa estao, a batalla prodúcese niso que chamamos “sentido común” e é por iso que escoitamos ultimamente falar moito desa cuestión. Esquecemos que lonxe de ser algo establecido de xeito permanente é algo que se vincula co pensamento dun tempo ou unha cultura. A modo de exemplo podemos pensar na loita que aínda hoxe se mantén acerca do rol que desempeñan as mulleres na vida política. O goberno do PP pretende eliminar algo tan básico nunha democracia como é a capacidade de distintas formacións políticas de chegar a acordos para formar gobernos locais e para iso insisten en discursos acerca de supostas maiorías e despachos. Como dicía Alberto Garzón, calquera día tratarán de convencernos de que os votos do PP valen por dous.

 

NORMALIDADE

Te puede interesar