Estamos instalados de cheo na campaña electoral –á marxe de que aínda empeza o día 4 de decembro– e hai que salientar que só do Partido Socialista chegan propostas programáticas.
As demais formacións seguen inmersos nas súas respectivas crises ou falando de listas electorais. É dicir, outra vez máis, os socialistas ocupamos a centralidade do discurso propositivo cun programa aberto á participación da militancia e da cidadanía.
Permítanme, ó calor da conferencia en Ferrol do senador Vicente Areces, organizada por Fuco Buxán, a parte do programa socialista relativo á educación.
A pretensión de estender a educación primaria dende os cero anos, e promover que se eleve a taxa de escolarización voluntaria ata os dezaoito anos.
Unha boa nova. A educación segue a ser o principal camiño para a promoción das persoas e un evidente estímulo para a igualdade real.