Luces que non alumbran

a sei que non estamos a vivir na mellor cidade do mundo, pero ben que quero eu ao meu Ferrol, malia o abandono, a desatención e o esquecemento aos que tan acostumados estamos. Pero, insisto, non por elo deixo de tela como a miña cidade. Por iso, dóeme sobradamente que haxa rúas, ou tramos delas, nas que  un ten a sensación de non seren deste mundo. Sen máis, abraia ver como a Real, arteria sobranceira do Ferrol histórico, ten dúas intensidades de alumeado ou, mellor dito, dúas cores ben diferentes: a acolledora de entre a rúa da Terra e Amboage, e a fría e insustancial para todo o resto, como se houbera dúas rúas, unha pobre e outra rica. E iso por non falar das que non funcionan, desas que non alumbran tan sequera ao paseante, ao veciño outrora acostumado a que as dos escaparates, moitos a escuras polo peche de establecementos, axudaran tamén a guiar os seus pasos cando algunha que outra fundía. Esmorece a cidade, máis por luces que non alumbran –tamén políticamente–, que por outra cousa.

Luces que non alumbran

Te puede interesar