DEBATE

Entre as actuacións do debate da investidura do 2 de marzo, houbo unha que me pareceu digna de salientar. Tratouse da intervención do deputado Sr. Tardá, que comezou o seu discurso co anuncio da independencia catalá, afirmando que a levarán adiante “si ou si”. En principio gustoume a súa firmeza, a súa sinceridade e a defensa da independencia da súa patria, produto sen dúbida da profunda crenza nas súas ideas que, nun escenario democrático hai que escoitar e respectar. Mais o que me defraudou foi o seu voto negativo. “NO”, dixo. O Sr. Tardá ten dereito de non se considerar español. Pero non me parece ben que, non sendo español, aproveite as leis do país que dixo non respectar, para influír na elección do goberno español. Aí, o Sr. Tardá fixo trampa. Se o seu voto fose decisivo, deixaría a España sen goberno. Coido que sería máis honrada a abstención. Pode que o seu fin xustifique os medios, pero non foi tan nobre nin tan demócrata, como ao principio parecía. Ou si?

DEBATE

Te puede interesar