Hai un novo término que vai facéndose un oco no noso vocabulario. Este que titula hoxe esta columna. Está xa, de feito, sendo incluído nos dicionarios e que pode resumirse como “a idea de que algo que aparente ser verdade é máis importante que a propia verdade”. Por iso, hai moitos que consideran que a posverdade non é máis que propaganda e manipulación política. Unha posta en escena para entreter e non deixar ver o fondo do burato.
Esta palabra ten unha compañeira chamada “surrealismo”, aínda que aquí xa totalmente degradada, máis conserva eso de “superar a realidade”. Porque diso trátase, de superala e facer un relato falso para entreter, infamar e agachar as eivas e miserias da mentireira ou mentireiro da posverdade. O asunto, en definitiva, é seguir vivindo do conto, pero o que non calculan é que ese mundo paralelo conduce ao purgatorio. Onde expiran ás ánimas tras a morte.