REMATE

O erro cometido polo PSOE, quizais presionado por parte da súa “vieja guardia”, ao firmar o pacto con Ciudadanos, fixo posible unha saída airosa para Podemos, pero non lle facilita a resposta a cuarta pregunta. A cuestión de cando rematar co bipartidismo semella que de momento vai quedar sen clarificar. Hai que recoñecerlle ao señor Iglesias a súa habilidade para nadar e gardar a roupa, utilizando o “comodín” do recurso ás bases, para quedar como un gran demócrata, se ben a súa democracia non foi tanta, pois afirmou que dimitiría se a consulta non saía como esperaba. De todos xeitos, a pregunta segue aí: Rematar co bipartidismo si, pero cando? Non parece posible agora, e tampouco nun curto prazo. Haberá pois que esperar, mentres numerosas familias se desesperan vivindo no umbral da pobreza ou incluso máis aló dese umbral, agardando ese rescate que semella moito máis difícil que os dos bancos. Porque aqueles que poden facelo, non queren dar marcha atrás. Mágoa.
 

REMATE

Te puede interesar