Dobre Xogada

|

Resulta irritante a idea que ten o señor Montoro sobre a escasa intelixencia dos pensionistas españois. Ou el no é moi listo ou pensa que nós somos parvos, pois a decisión de rebaixar o IRPF a os pensionistas “en edad muy avanzada”, é unha burla cruel. E admitindo que el é intelixente, a conclusión non pode ser outra: Pensa que todos nós somos uns ignorantes doados de convencer. Coido que a dobre xogada da súa luminosa idea, non pode ser mirada doutro xeito, porque imos ver: Por unha banda, os pensionistas máis necesitados, que por non ter, non teñen nin a obriga de facer declaración da renda, non son beneficiados en nada; pola outra banda, o feito de beneficiar aos de idade moi avanzada (?) supón a descarada intención de quedar ben gastando pouco, sabendo que os vellos non imos durar moito. Pois eu penso resistir para amolarlle a xogada, a ver se consigo que se vaia el antes. E non é que lle desexe ningún mal pero, ¡¡meigas fora, don Cristóbal!! Pois si.
 

Dobre Xogada