Inducción

Segundo o diccionario, inducir significa empuxar, incitar a alguén a facer algo, xeralmente, unha mala acción. O xuízo de Urdangarín e a infanta Cristina faime matinar no por que, unha parella de xente nova, educados e con boa preparación, se meteron en semellante falcatruada. Eles tiñan que saber que, a súa actividade, traeríalles problemas coa Lei e, xa que logo, non se entende a súa implicación en asuntos como desvío de fondos ou fraude fiscal. Coido que se viron inducidos pola crenza de que “todo o monte é ourego”, é dicir, que aquí todo o mundo rouba e nunca pasa nada. Xa que logo, vendo que calquera zascandil metido a político pode estafar, defraudar e amorear millóns en Suiza, pensaron que eles tamén poderían facelo. Non se trata de defendelos, pero si de cumprir iso de que todos somos iguais ante a Lei. Ou sexa, que se teñen que pagar e ir á cadea, moi ben, pero non antes de meter no cárcere a toda esa caterva de ladróns, corruptos e corruptores. Vale?

Inducción

Te puede interesar