Taberna e tabernarios

Aprendín as miñas primeiras letras cunha taberneira e fíxenme tabernaria militante na miña época universitaria ó descubrir que boa parte da cultura non se aprendía nas aulas, senón nas bibliotecas e nas cafeterías. Con isto non quero dicir que non tivese profesores magníficos, que os houbo, e que me ensinaron o que debe ensinar un profesor: a pensar, a ser crítico, a investigar... Creo que quen non visita bares, cafeterías ou tabernas e só se move en pequenos círculos familiares, amicais ou profesionais perde moito do que pasa no mundo. A conversa con persoas de distintas idades, procedencias e profesións, especialmente desde a controversia,  enriquece e axuda a entender outras realidades, ademais da propia. Non esquezamos que, a maiores, algúns taberneiros tamén exercen de promotores culturais ó acubillar nos seus espazos tertulias literarias, exposicións e actuacións variadas. Será por iso de que sempre se pretendeu excluír ás mulleres da cultura que aínda non está ben visto que vaian soas ós bares?

Taberna e tabernarios

Te puede interesar