ENTENDER

Semella que os  políticos de baixo nivel intelectual, non son quen de entender que alguén poda renunciar a un cargo que non se lles ofreceu, pero para o que tiñan fundadas aspiracións, polo respaldo obtido nas urnas ou polo grande apoio dos seus afiliados e simpatizantes. E tampouco entenden que un político faga todo o posible por acadar o poder, aspiración moi lexítima, pois para iso se presentou ás eleccións. Para eles, todo o entendemento concéntrase no feito de que, o que gañou as eleccións ten o dereito a gobernar, aínda que unha esmagadora maioría desbotase claramente esa opción e que, o seu candidato sexa o peor valorado en todas as enquisas. E insisten en que o mandato dos españois nas eleccións foi o de que o goberno ten que ser co PP en primeiro lugar. A min paréceme un xeito retorcido de entender as cousas, cando se trata de moverse nun sistema democrático parlamentario como o noso. Porque achegar a brasa á súa sardiña xa é outra cousa. Non é?       

ENTENDER

Te puede interesar