Participando

 xente de Ferrol sempre foi moi participativa, sobre todo nas actividades lúdicas, no comer, beber e cantar, pero tamén nas reivindicacións de tipo político e social. Xa nos tempos da ditadura, organizáronse grupos para intervir naquelas eleccións municipais que eran unha auténtica farsa, con urnas sen pechar, nas que se elixían candidatos polos terzos de Sindicatos, da Industria e da Familia e nas que se alteraba o número de votantes por orden do alcalde. Nunha daquelas eleccións conseguiuse colocar aos tres candidatos de Familia, arrasando nas votacións grazas aos “bos oficios” dos interventores da candidatura. Aquel foi o principio dunha loita polo poder municipalista, na que como primeira vitoria, podemos anotar a supervivencia do Cantón de Molíns, destinado para a construción dun enorme edifico. Daquela había un inimigo común contra quen loitar, pero agora, para seguir participando, habería que saber cal é o inimigo en común. Porque eu xa non o sei. E vostedes? 

Participando

Te puede interesar