PARAR LA DEPURADORA

O novo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, ven de anunciar a intención do seu goberno de desentenderse da xestión da Estación Depuradora de Cabo Prioriño, baixo o pretexto da aparición dunha serie de desperfectos na propia estación depuradora, que ata a data non foran advertidos. A decisión anunciada polo goberno local supón anular o convenio que  a administración local asinou co organismo autonómico Augas de Galicia  en xuño de 2014, polo que o Concello de Ferrol asumía a encomenda da explotación, mantemento e conservación do sistema de depuración da marxe dereita da ría, no que se teñen investido máis de 98 millóns de euros. En vez de buscar solucións dialogando co resto de administracións, o alcalde o que fai é desentenderse do problema. O novo alcalde anuncia agora a decisión de desentenderse da xestión do saneamento da marxe dereita da ría, esquecendo que é o Concello de Ferrol quen ten as competencias en saneamento e depuración de conformidade co artigo 25 da Lei de Bases de Réxime Local, e que lle corresponde ó concello exercer esas competencias, ás que o alcalde pretende renunciar de forma irresponsable, esquecendo que o saneamento é vital en termos medioambientais, pero tamén económicos, na medida en que 500 familias viven do marisqueo na ría ferrolá.  A actitude irresponsable levou ó novo alcalde a falsear a realidade, chegando a dicir que a depuradora non depurou nunca nada, agochando que ata a data se teñen procesado en torno a 1,6 millóns de metros cúbicos de augas residuais.  Fronte ó dramatizado alarmismo do rexedor, os informes de inicio de actividade da EDAR xa sinalaban, hai un ano, que nesta primeira fase de posta en marcha,  funcionaría de forma secuencial, ata que o caudal de augas sucias acadase un volume mínimo, que permitise a implantación completa de todas as fases do saneamento, situación que se prevé acadar a finais de ano. Iso non quere dicir que as augas non sexan depuradas, senón simplemente que o proceso de depuración non é completo.  A única verdade é que o alcalde quere paralizar a EDAR, porque só así poderá cumprir coa promesa electoral feita rn campaña de devolver o recibo do saneamento, e de non pasalo novamente ó cobro. O fácil é eso. O difícil é poñer en funcionamento un sistema tan complexo como é a EDAR. Suárez renuncia porque non se ve capaz. Só quere, parar a depuradora.
 

PARAR LA DEPURADORA

Te puede interesar