Non ter nada

Vale máis non ter nada” é un dito moi do rural galego cando vén o tempo de pagar calquera tipo de contributo fiscal pola propiedade das terras. E dixen do rural galego porque é o que mellor coñezo, o que teño máis preto. Mais supoño que será igual ou moi semellante no rural rioxano, leonés ou manchego. Pero cando non toca pagar todo o mundo pensa que canto máis se teña mellor e a chufar diso se é o caso. Os ricos doutro tipo gustan tamén de amasar, mais procuran non ter tódalas cousas tan á vista, e dos cartiños canto menos se saiba mellor. A nova inspección contra o branqueo ó redor da Banca Privada d’Andorra –co Banco Madrid polo medio– volveu destapar nomes de políticos, empresarios ou deportistas relacionados con operacións monetarias pouco claras. A sabendas dos nomes de empesarios e deportistas que non queren contribuír na medida do común dos españois haberá quen poida mercarlles os seus produtos ou aplaudilos nos estadios, circuítos,...? Non serei eu quen o faga, desde logo.

 

Non ter nada

Te puede interesar