MONT VENTOUX/ MONTE VENTOSO

A edición centenaria do Tour de Francia chegou o domingo ao Mont Ventoux, na Provenza. Soberbio espectáculo ciclista. Máis tamén serviu para gozarmos das panorámicas, a vista de paxaro, dunha zona que polas súas características físicas e cualidades biolóxicas foi declarada Reserva da Biosfera pola Unesco.
Pero se os franceses teñen o seu Mont Ventoux nós temos o noso Monte Ventoso, que non desmerece en nada os valores ambientais da montaña provenzal. Presidindo a entrada da nosa ría, este antigo observatorio meteorolóxico é un miradoiro espectacular da Costa Ártabra. O que se pode ver desde o seu cumio é dunha beleza máxima. Mágoa que, a diferenza do monte francés, o acceso está nun estado pésimo e a sinalización é moi deficiente. E aínda máis lamentable é que o Ministerio de Defensa queira vender este espazo natural, en lugar de o ceder gratuitamente ao patrimonio municipal.

 

MONT VENTOUX/ MONTE VENTOSO

Te puede interesar