Promesas

|

ando unha persoa entra a formar parte dunha corporación ou goberno, parece obrigado que faga unhas declaracións prometendo traballo, diálogo e humildade. Mais se quen accede a un alto cargo o fai en substitución doutra persoa do seu mesmo partido político, debería ter moito coidado coas súas promesas, pois prometer traballo e humildade pode equivaler a afirmar que a persoa antecesora no cargo, non aportou nin o un, nin a outra, cousa que pode ser  verdadeira, pero que, como normalmente se di, non sería politicamente correcta. Na realidade, soe ser abondosa a cantidade de persoeiros desprovistos de toda humildade, non só entre os que se manteñen en activo, senón tamén entre aqueles que, fora da política activa, seguen a fachendear como se fosen o embigo do mundo. E en canto a traballo, a moitos deles, responsables de trampas e chapuzas, habería que lles agradecer que non fixeran nada. Xa está escrito: “Polas súas obras os coñeceredes”. Que grande verdade, non si?
 

Promesas