Falar da recuperación de Ferrolterra, e falar de Navantia en toda a sua dimensión , do contrario caeríamos nun grave erro, dende a construcción naval militar á civil, máis poñendo obrigatoriamente no mesmo plano a Turbinas e Reparacións.
Non cabe a menor dúbida que o dique cuberto é imprescindible para poder seguir no mercado da construcción naval militar, principalmente, de ahí a necesidade urxente da súa execución. Máis esquecer a construcción civil, non ten sentido, é por iso, que Navantia debe poñer en marcha equipas de traballo que exploren e investiguen nese campo, no cal parece obvio van existir oportunidades, pois o transporte marítimo non vai desaparecer, todo o contrario, o futuro pasa por buques mais sofisticados, con máis capacidade, mais ecolóxicos, etc
Falar de turbinas, como o seu nome indica, é falar de enerxía, e é ahí donde partindo da experiencia acumulada, tanto o goberno do Estado como a Xunta de Galiza, teñen a obriga de traballar para introducir a turbinas nos proxectos de enerxías renovables.
Mención especial merece o departamento de Reparacións, ese que sempre veu servindo de colchón nas caídas de carga de traballo na nova construcción, especialmente para a industria auxiliar, o 64% da man de obra é subcontratada.
Pero para seguir tendo futuro, Reparacións necesita de inversión en un dique seco coas dimensións axeitadas para non quedar fora do mercado.
Hai que ter enconta que donde de verdade o departamento é competivo é na ocupación do dique tres(o máis grande), e que ten unha ocupación media anual do 92%, co cal, durante os últimos 10 anos rexeitaronse unha media de 5 barcos/ano.
Xustificación, máis que suficiente para levar a cabo dita infraestrura, que nos permitiría acceder a barcos de maior eslora, manga e calado, ademáis do acceso a proxectos de grandes transformación, etc.
É moi importante ter enconta que Reparacións facturou mais de 750 millons de euros nos último 10 anos, dos cáis o 82% invertironse em man de obra, (18% propia e 64% subcontratada), e o 10% a maiores en servizos, como hoteis,(entre 8000 e 15000 pernoctas anuais), restauración, remolcadores, taxas portuarias e outros servizos, que os armadores, empresas de inspectores, etc, facturan directamente, non a través de Navantia
Por todo isto, e porque a nosa situación xeografica é optima polo tráfico marítimo seria imperdonable non facer unha aposta de futuro coa construcción dese dique.
E eiquí terían moito que decir tanto a Xunta de Galiza como a Diputación e os concellos da comarca, exemplos existen, véxase a intervención pública no estaleiro de Brest (Francia), competidor máis cercano, xunto com LIsnave (Portugal), donde participaron na financiación a EU, o goberno Frances, o goberno da rexión, a deputación, e mesmo a cámara de comercio
Unha infraestrutura con un custo que seria perfectamente amortizable, polo tanto unha inversión segura, creadora de emprego e de riqueza na comarca.
Poñámonos as pilas.
*O autor é secretario comarcal da CIG