Hay unos artigos –no me paro a contar os días, e menos cando ou non publiqueino– falaba de “frecuentar o futuro” e apropiábame desa frase que o doutor Cardoso espetáballe a Pereira. Tres verbas para resumir un concepto que vai máis aló do seu significado e que transfigura a un Pereira xornalista nun osado. Non calan frases así. É máis, esmorecen cando vense situacións, feitos, realidades como as que vive a política, con dúas grandes formacións antagónicas e dúas novas cuxa “consistencia” é tan antagónica como o son os seus descursos e a súa ideoloxía. A dereita nunca estivo tan unida, mesmo a pesar da aparición de C’s; e a esquerda tan apaixoadamente desfeita, tan lonxana entre si mesma. Non só porque Unidos Podemos vaia por un lado e o PSOE por outro, o que sería más que entendible, senón porque dentro de cada un deles a barca segue sen avanzar. Non hai más que ollar ós recentes congresos de Ciudadanos e do PP, en que a unidade ante o lider é incuestionable, e pola contra, a situación dos socialistas e a vista xa na asemblea de Podemos. É certo que “máis desgasta non ter poder”.