Globo sonda

Estivo especialmente afortunado o meu compañeiro Javier Galán o pasado xoves no pleno do Concello debatendo sobre a presunta modificación da lei electoral que prepara o PP. Xa saben, esa que baixo distintos e pomposos nomes encerra un pucherazo de campionato e que mereceu mesmo un rexeitamento claro dende Europa. O noso voceiro preguntou onde está realmente ese proxecto. Definiuno como un globo sonda, algo que se deixa caer para ver como respira o conxunto da cidadanía e actuar segundo a reacción suscitada. Algo que se abandona, total só custa un ministro, como sucedeu recentemente con outra reforma, a do aborto. E é aquí onde o goberno de Rajoy se mostra especialmente débil. A oposición conxunta de boa parte da sociedade, especialmente das mulleres, foi capaz de tombar unha proposta absolutamente inaceptable. Non se tratou dunha negociación ou unha busca de consenso; simplemente foi unha derrota sen paliativos.

 

Globo sonda

Te puede interesar