elaí, e deben ser os anos, que desta volta bulen pola miña cabeza multitude de imaxes ligadas á miña mocidade. E a celebración das Festas de San Roque, no meu Melide natal, sempre ocuparán un lugar inesquecíbel. Lembro que o día grande era o 16, o 15 nin verbena tiña e si moito traballo. Pero os melidaos sempre fomos quen de fixar feitos e datas que poden ser e non ser. Velaí que temos o barrio do Castelo no que non hai tal, aínda que si houbo. E un patrón da vila, San Pedro, que en realidade, miña xoia, non exerce de tal. E unhas festas que semellan ser patronais , as do San Roque, que recibe quen tal non é.
En Melide temos moitas máis cousas que son pero que non son,mais, porén, moi merecentes de seren vistas. De visitaren a Terra de Melide, comprenderán porque no noso país acontecen feitos que, en realidade,non aconteceron. Ou si...
E toda esta leria ven a conto porque navego por mares de morriña e saudade!