Good

|

Oturismo é actualmente unha das actividades económicas e culturais máis importantes coas que pode contar un país ou rexión. As atencións e recursos que cada localidade lle preste a este sector, creando máis e novas posibilidades de promoción dos seus atractivos en sentido amplio, para os visitantes; fomentará e fortalecerá dinámicas de crecemento e calidade. A maioría dos esforzos dos entes locais do noso contorno seguen orientándose case exclusivamente á edición de folletos e a presenza en feiras e eventos.Actos dos que as veciñanzas normalmente soen quedar fora. Por iso foi loable e intelixente a proposta participativa e colectiva do concello de Valdoviño,co acercamento á lingua inglesa para profesionais de diversos ámbitos (hostelería, farmacia, comercio, gasolineiras, panaderías, fisioterapia....) que saben que a comunicación é básica na millora dos seus servizos e na imaxe municipal.

Good