De títulos e de éticas

Cospedal, en Sevilla, chama a pechar filas en defensa dun dos nosos. Volvemos aos vello tempos. Novamente o recurso da defensa numantina. O arcano da unión ante un presunto inimigo exterior, cando está perfectamente claro, que tiñan que buscar máis na propia casa. Pero neste caso, xa pasa do ridículo ao patético.
Sorprende a capacidade de Cifuentes para mentir e aplicar o de mantenella e no enmendalla. Xa, dende o xeneral ao último soldado, foron recoñecendo enganos e incluso cousas, como refacer actas ou falsificar sinaturas. Todos, agás Cifuentes, a actriz principal de todo este embrollo, que segue vivindo a súa propia película, co seu famoso mensaxe do eu non me vou ir.
Vai resultar que non entenderon aquel axioma da filosofía de Rajoy de que un prato é un prato, e un vaso un vaso. A dimisión é unha obriga ética. E ata por estética e hixiene democrática, os dirixentes dos partidos, teñen a obriga moral de axudar aos seus cargos públicos, a facer o que deben facer, se estes non alcanzan a ver, o tamaño do ridículo e o descrédito no que están metidos.
O feito de ser un servidor público, esixe unha altura e unha dignidade, que non pode ser manchada impunemente. Os danos colaterais para o sistema universitario, son enormes.
Que nunha Universidade puideran darse tal cúmulo de anomalías, evidencia que houbo unha colaboración cómplice. O que deriva en descrédito, en falla de garantías e desconfianza xeneralizada. Un dano demasiado grande, Sra. Cifuentes, como para poder seguir tendo credibilidade na Política.
Sabes? Contigo é moi doado construír arquitecturas afectivas. Sentirte é a unidade de emoción elemental, a magnitude que proxecta do latexo minúsculo, á íntima pulsión intensa e desmedida.

De títulos e de éticas

Te puede interesar