Discoverer Enterprise

O trece de xaneiro de 1998 produciuse na ría de Ferrol un dos grandes acontecementos da súa historia. O buque “Discoverer Enterprise” rompeu amarras e foise encaixonar contra a ponte das Pías o que orixinou un feito sen precedentes, que non foi outro que a construcción de dous carrís por banda no viaduto. Este feito ben merece un monumento, unhas xornadas ou un congreso. Sen dúbida é o paradigma do avance de Galicia, só vai para adiante a golpe de catástrofes. Os gobernantes da zona deben comezar xa co recoñecemento público de tal accidente, para non esquecerse das longas ringleiras de caravana que había todos os días para entrar e saír da cidade departamental. Foi grazas a que o barco de prospección derrubase a ponte que os ferroláns puideron saír e ver mundo, porque os atascos non axudaban e facían desistir de abandonar a Magdalena. Un novo horizonte se vislumbraba. Así que xa é hora de que alcaldes de agora lembren o que se lle debe ao accidente do “Discoverer Enterprise”.

Discoverer Enterprise

Te puede interesar