Lexislar

oido que debe ser moi difícil para o lexislador elaborar o texto dunha lei, coa procura de acadar claridade, concreción e xustiza consonte cos tempos e as mentalidades do momento, mais semella que os tempos están a cambiar moito máis axiña que a mentalidade de certos sectores da sociedade, malia a recente declaración do papa (“Paco”) no asunto das unións civís dos homosexuais. Agora tócalle ao tema dos “ventres de aluguer”, no que parece haber unha dificultade que eu non entendo. Porque resulta que unha muller pode utilizar as súas especiais condicións de beleza e intelixencia, para cantar, bailar, ou calquera outra actividade, pero non pode exercer como reprodutora por conta allea, malia ter unhas boas condición para iso. Claro que habería que establecer uns controis e unhas normas determinadas, pero paréceme esencial permitir a unha parella que non pode ter fillos, conseguilo a través dunha mediadora. E máis aínda, paréceme marabillosamente humano. Mellor aínda que a fecundación “in vitro”. Penso eu. Aínda que podo estar nun erro, por suposto. 

Lexislar

Te puede interesar