Concesións

En xaneiro de 1965, aproveitando unha ponte cos festivos de Reis e de San Xiao, meus pais pensaron en dar unha volta e levar os fillos a Madrid. E aló fomos naquel 4L azul celeste de tres marchas. Era a primeira vez que circulaba por autoestrada, mesmo por un túnel quilométrico como o do Guadarrama. Lembro que me sorprendera que houbese que pagar. E non pouco. Meu pai -candidamente- explicábanos que o pago era por uns cantos anos e que despois xa sería gratis. Pasaron máis de 50 anos e aí seguimos enchendo -e máis que ben- os petos da concesionaria. Xa se sabe como é. Acométese calquera modificación -ao longo, ao ancho...- e xenerosa ampliación dos anos de explotación. De Juan Pueblo, naturalmente. Nas últimas semanas veño atravesando con frecuencia a AP-9. De principio a fin. Xa experimentara o que había, mais agora vou reparando con moita máis nitidez nos usos e abusos en todo o percorrido. Coas obras en  Santiago e Vigo perdes todo o tempo do mundo e martirizas as pezas do coche todas. E cóbranche igual que se foses raudo e veloz sobre alfombra persa.

Concesións

Te puede interesar