INSISTENCIA

É salientable a insistencia dalgúns cargos políticos do PP que, para xustificar a súas continuas agresións aos dereitos e liberdades, non teñen outra solución que culpar aos anteriores gobernos do PSOE de todos os males que estamos a aturar hoxe unha grande maioría de cidadáns. E aínda recoñecendo que non todo o que din é mentira, esquecen dicir que o PP gobernou no Estado moitos anos e que na Xunta de Galicia gobernou case sempre. Desde a miña “visión” particular, hai un caso concreto no que os Gobernos do PP, central e autonómico, non teñen escusa posible: trátase da construción do Dique Flotante para Navantia, porque coido que a ninguén se lle pode impedir a construción dunha ferramenta para potenciar a súa capacidade produtiva. Penso que aí falla o PP, ben por estratexia económica, ben por covardía, por non lle plantar cara a unha decisión europea, se a hai. A valentía débese empregar cos fortes, porque cos febles é fácil ser valente. Non é?

 

INSISTENCIA

Te puede interesar