OBESIDADE

Seica certo político dixo que o problema da malnutrición dos nenos madrileños é a obesidade. Non sei o que haberá de certo nesa afirmación, pero pareceume que o xeito e o ton de dicilo era como se considerase a obesidade dos rapaces como un logro do Goberno. En calquera caso, segundo os entendidos, non todos os tipos de obesidade proceden dunha mala nutrición, mais nunha maioría dos casos, sobre todo nos pequenos, é debido ao consumo de comida-cebo, en troques de consumir comida-alimento. Os nutricionistas aconsellan o consumo de peixe, froitas e verduras para unha dieta san, e xa que logo, segundo o político de marras, ese consello non se cumpre cos nenos de Madrid. Quizais habería que preguntarlle a ese señor que é o que fai o Goberno para proporcionar aos nenos esa dieta equilibrada que necesitan, no canto de “presumir” dunha infancia atacada de obesidade. O caso é que, aínda querendo negalo, recoñeceu que hai un problema de malnutrición infantil.

 

OBESIDADE

Te puede interesar