REXISTRO

Seica vai desaparecer o Rexistro Civil, e que as súas funcións pasarán a ser controladas polo Rexistro da Propiedade. A min paréceme que semellante cambio debería activar todas as alarmas da cidadanía, pois segundo o vexo eu, o problema que representa dito cambio non é o de ter que pagar por cada documento que un necesite, que tamén, pero o peor é que todos os datos da cidadanía van pasar a mans privadas. É dicir, a data de nacemento e defunción dos avós, dos pais, dos irmáns, os dos nacementos de fillos e netos, os dos matrimonios da familia, en fin, todas as nosas circunstancias familiares máis íntimas estarán manexadas por xentes ás que nós nunca lles concedemos o oportuno permiso. Por outra banda, teño entendido que existe unha lei de “protección de datos” e, xa que logo, quen protexe os meus datos? Non sei se haberá algunha posibilidade de impedilo, pero se a hai, penso facer o posible porque a información miña e a da miña familia quede onde está.   

 

REXISTRO

Te puede interesar