A lei da morte

Como era de esperar, a Lei da Eutanasia está a ser utilizada para atacar ao Goberno, e por extensión a unha grande maioría da sociedade española que, a través dos seus representantes no Parlamento, fixo posible a aprobación desa Lei. Coido que é un alarde de hipocrisía – outro máis – porque non é unha lei que obriga, senón unha lei que protexe da aberración que supón, manter con vida a unha persoa que non quere, nin pode, seguir vivindo. Porque humanamente,  vivir ten que ter un sentido algo maior que “vexetar”.  Paréceme esbardallar, cando se fala de ética, de razóns económicas, sanitarias e outras, para rexeitar esa nova lei que dan en chamar “exprés”, calando o que no fondo da cuestión subxace, que non é outro que o tema relixioso, malia que xa hai unha grande aceptación pola maioría dos crentes “de a pé”. E minte quen diga que non houbo debate público, pois ese tema leva xa moitos anos a nivel da rúa. Por outra parte, sorprende que se diga que non se escoitou a “asesores expertos”, porque non hai ninguén máis experto no tema, que quen tivo a desgraza de se ver nunha situación semellante. Basta xa de trapalladas!!. Xa abonda, home!!

A lei da morte

Te puede interesar