O mundo a través da lente do far west

Obama alenta a estratexia da tensión, e faino porque lle é funcional ás grandes corporacións norteamericanas, encetando polo complexo militar. Washington pretende, a través da guerra mediática, da especulación financeira, por medio da intervención militar ou mediante golpes de Estado, reverter o seu declive, para garantir así no futuro a súa hexemonía. Os inimigos a derrotar son os BRICS, e aqueles países que desenvolven políticas soberanas. Por esta razón os 11.000 mortos no Donbass e o millón de desprazados non existen, e que Iraq e Libia se desangren carece de importancia. E mentres morren os palestinos e se destrúe a franxa de Gaza, os Estados Unidos e outros países da OTAN fornecen as balas e bombas que causan o masacre. E non se toma ningunha sanción ¡ningunha! contra o Goberno de Israel ou o de Kiev polas matanzas de civís.
Nesta estratexia para someter, se non a todos, a unha boa parte dos países como subordinados dos Estados Unidos, o único límite está nas armas atómicas. Por iso Washington pon os argumentos, o seu poder mediático para os divulgar, porén os homes e as consecuencias económicas e sociais da confrontación teñen que asumilas fundamentalmente outros. Para os ucraínos non haberá préstamos do FMI mentres non controlen todo o país. Con esta cláusula garántese que non haxa solución pacífica e illar a Rusia na súa fronteira occidental. En poucas palabras, fórzase a Moscova á confrontación, a gastar en armas, a manter relacións selectivas, a ser os malos.
Porén a gran derrotada é a Unión Europea. Primeiro, porque entra neste conflito máis dependente dos Estados Unidos (cobertura atómica). Segundo, porque acaba de saír dunha crise, transferida polos norteamericanos, tendo que se enfrontar á perda do mercado ruso e á desaceleración dos BRICS. E terceiro, é incorporada directamente á loita contra Rusia e China.
nha confrontación que se alarga ao aceso aos mercados de Asia, África e América Latina, non só en termos de competencia económica, senón especialmente nunha disputa por sobrevivir (cos métodos máis duros). Estas son as consecuencias de que a iniciativa estea en quen olla o mundo como se fose o far west.

O mundo a través da lente do far west

Te puede interesar