Un arma poderosa

A publicidade nos invade a través da radio, televisión, internet, carteis.. e invade as nosas mentes co fin de vendernos un produto. Ese é o obxectivo da publicidade pero o certo é que xera en nós unha actitude discriminatoria cara unha adicción, por exemplo a publicidade sexista que nos afecta dende a infancia. Os anuncios están cheos de estereotipos, así ás nenas adícanlles anuncios de xoguetes para ser nais, atender aos demais e a beleza, mentres os nenos están orientados a acción, competencia e agresividade. Cando medramos o sexismo tamén se reflicte na publicidade dedicada ao público adulto presentándonos a unha muller submisa, adicada ao mundo doméstico. A publicidade tenos afectado tanto que asociamos a limpeza e o cuidado dos nenos como traballo da muller. Estas non son cuestións baladís, non é falar por falar. A publicidade ten tanto poder que controla a nosa opinión, Debemos observar e reflexionar sobre a publicidade e o que no transmite, xa que unha publicidade baseada na igualdade de xénero sería un arma poderosa.
Julia Durán Bergantiños ten14 anos e é alumna de 3º de ESO

Un arma poderosa

Te puede interesar