PODEMOS?

As disidencias dentro dos círculos de Podemos afloran por toda a xeografía española.  En Galicia o conflito xerouse polo desacordo de se confluír con En Marea ou ir en solitario de cara ás eleccións autonómicas pois, como no conto da leiteira, xa se está administrando a ganancia. Algo similar ocorreu no seu momento con En Marea, que se EU si, que se non a queremos, que se vai ter grupo parlamentario propio... E chegamos ao paradoxo de que unha militante de EU e dous de EUiA están no grupo de Podemos no Congreso. Despois do compromiso coa formación morada, é evidente que non sería ético abandonala e pasarse a IU, pero tampouco o é ser parlamentario/a desta formación política militando noutra e, menos, se se ocupan cargos. De aí que Yolanda Díaz quedaría como unha señora presentando a súa dimisión deses postos orgánicos. Do mesmo xeito que outros dirixentes deberían escoitar as voces críticas que, equivocadamente ou non, seguen crendo no proxecto IU e non queren dar pasos que poidan supor a súa disolución noutra formación.
 

PODEMOS?

Te puede interesar