Incendiarios

|

problema dos lumes en Galicia responde a múltiples factores que a Xunta de Galicia en vez de solucionar vai alimentando ano tras ano. Se o Sr. Feijóo quere descubrir os culpables ten que ir aos elos finais da cadea. Quen se beneficia e, sobre todo,  quen permite ou facilita eses beneficios? Por que o diñeiro público se desvía á extinción privada en vez de dedicalo á prevención? Descoñece, acaso, que hai un grupo de empresas aeronáuticas investigadas –un cártel?– que deixa os concursos baleiros para forzar ás administración públicas a aumentar os prezos de licitación? Que parte dos beneficios destas empresas dependen da existencia ou non de incendios? Por que se permite a plantación de especies non autóctonas que destrúen o terreo e arden con gran facilidade? Por que se aproban leis que posibilitan recualificar solos calcinados? Non debería existir coordinación entre os distintos medios antiincendios e un mando único?  Por que os brigadistas traballan en condicións precarias..?  Sr. Feijóo, a solución está na súa man.
 

Incendiarios