Atado

Coido que tiña razón o “defuntiño “ aquel, que dixo que quedaba todo “atado e ben atado”. Ocórreseme esta idea, vendo como tantas persoas de diferentes grupos políticos,  teiman na “unidade” de España e que lle temen como a o lume a celebración dun referendo para coñecer os desexos de independencia de calquera recuncho do Estado. E canto máis insisten eles na súa defensa da “indisolubilidade”, máis gañas teño eu de saber o que queren os cataláns, os vascos, os galegos, os andaluces, os valencianos, os asturianos ou calquera outro grupo de habitantes deste territorio que, malia a todo, xeograficamente vai seguir sendo España, ou se non, Iberia. A min paréceme que o que sub xace neste asunto son os intereses persoais dos que queren mandar nun territorio, por pequeno que sexa e, dos que queren gobernar nun territorio canto máis grande mellor. Mais se o que quere a xente, é vivir en paz, respectando e respectados, semella que iso non importa moito. Digo eu, claro.

Atado

Te puede interesar