Patroa

O 12 de Outubro celébrase a festa de “Nuestra Señora de El Pilar”, que é a patroa do barrio de Recimil, cuxa igrexa leva tal nome. Tamén é a patroa da Garda Civil, que celebra a súa festa na mesma data. En Recimil xa hai tempo que non se celebra a festa, por diversas causas e, na Garda Civil, tamén botamos en falta o estoupido das bombas de palenque que soaban ao longo do día. Nos dous casos o que se celebrou foi un acto relixioso, moi modesto no barrio e moito máis importante na Concatedral. Coido que sería unha boa idea que os dous actos  se celebrasen xuntos na igrexa de O Pilar de Recimil, mais pode ser que o escenario non reúna as condicións debidas, tendo en conta que está situada nunha zona “socialmente degradada”, segundo un acordo municipal  do ano 2005. Esa etiqueta terémola que levar os veciños do barrio toda a vida mentres outro acordo municipal non a borre. Celebrar aí a festa da Garda Civil podería axudar á nosa “rehabilitación social”. Se cadra, claro. 

Patroa

Te puede interesar