Cousas veredes...

Vexo, con moita satisfacción por certo, que o equipo de goberno municipal de Ferrol está a dar pasos que non dera antes cara a facer –por fin– os orzamentos. Dígoo por ter arranxado xa o acordo cos sindicatos sobre o personal funcionario e laboral do Concello, algo que, creo, non tiña realizado nin por aproximación con anterioridade. Algo é algo, aínda que está por ver se este ineludible apartado vai permitir no seu momento a aprobación dos mesmos, tendo en conta como hai que telo a inferioridade numérica do goberno e a política que mesmo quenes ideolóxicamente, por decantación, máis ó seu carón están, esgrimen máis como arma mortal que como exercicio de presión cara ó diálogo. Algo é algo, insisto. E xa ía sendo hora despois de cáseque dous anos e medio rexindo –supoño– esta cidade. Como dicía aquel outro, cando xa daba por perdido todo: cousas veredes... que non creeredes.

Cousas veredes...

Te puede interesar