A REPRESIÓN COMO SAÍDA

Para os gobernantes da UE, dentro da gravidade, todo vai normal. Opinan deste xeito aínda que moitos países están en recesión. E, malia que deixan caer bagoas de crocodilo, semella que pouco lles preocupa que medre o desemprego, a precariedade laboral e a pobreza. Bótanse ás culpas os uns aos outros, mais ningún racha coa dependencia perversa da que se laian. Para o único que teñen unha sensibilidade especial é para os bancos e as grandes empresas que cotizan en Bolsa. Para estes últimos hai todos os cartos do mundo.

Para os de abaixo, cando protestan ante un trato tan inxusto, aplícase a man dura e multas como no franquismo. Por exemplo, a condena aos do Eixo, por unha mobilización veciñal en Compostela; ou os 6.000 euros de multa aos estudantes de Valencia; ou os catro anos de prisión que lle piden ao secretario de Negociación Colectiva da CIG por entrar na área portuaria de Vigo. A restrición dos dereitos democráticos non é exclusiva do Goberno de Rajoy, senón que se estende a boa parte da UE. En Frankfurt houbo catro días de manifestacións e fixéronse 400 detencións.

A UE vai por mal camiño, cada día que pasa faise máis empinado para as clases populares e as nacións máis débiles ou que carecen de soberanía, como Galiza. A represión da protesta social, co obxectivo de manter unha taxa ascendente do benéfico, parece ser a única alternativa do poder. Un camiño que xera un futuro incerto.

 

A REPRESIÓN COMO SAÍDA

Te puede interesar