Inesquecible Juan Fontela

O día 14 deste mes morreu Juan Fontela Leal, aquel formidable futbolista que fora o último medio-centro do Racing e o seu primeiro defensa central, por mor do cambio das tácticas futbolísticas. O seu pasamento, aos 98 anos, non é, por agardado, menos doloroso para os que o coñecemos e tratamos. 
Coñecín a Juan sendo eu moi neno e foi para min un ídolo e case como un irmán maior, polo cariño que meu pai lle tiña. Máis tarde coincidimos na Bazán, onde participou na formación deportiva e humana de varias promocións de aprendices. 
O deporte foi unha constante na súa vida, pois ademais da Insignia de Ouro do Racing, a súa labor foi recoñecida pola Federación Española de Atletismo, que lle concedeu a medalla de ouro  de “Servicios distinguidos como Entrenador”, pola súa labor no Galicia de Caranza. Mais a o lado da súa faceta deportiva, destacou a súa calidade humana, que lle aportou a admiración e o cariño de todos os que  tratamos a este “inesquecible Juan”. D.E.P.
 

Inesquecible Juan Fontela

Te puede interesar