Acusadores

|

Coido que xa abonda de ler ou escoitar a tantos políticos dos diferentes partidos, acusando ao actual Presidente do Goberno, de ter acadado o seu cargo grazas ao apoio dos partidos nacionalistas, independentistas e mesmo dos defensores do terrorismo. Desde a miña ignorancia, non estou capacitado para darlles ou quitarlles a razón aos que isto afirman, mais hai algúns detalles que deberían ter en conta os acusadores. Porque os que apoiaron a Moción de Censura, fixérono coa idea de tirar proveito do cambio, xa que estaban seguros de que con don Mariano, non tiñan posibilidades. E os que votaron en contra, fixérono coa esperanza de manter os seus cargos, se a moción non prosperaba. Para ben ou para mal, eles son os verdadeiros causantes de que o Sr. Sánchez estea na Moncloa, pois que ofreceu repetidamente ao señor Rajoy retirar a moción, en troques da súa dimisión. Pero é máis doado botar o lixo enriba dos outros, que confesar a propia culpabilidade. Non si?

Acusadores