Icono

|

Financiar aos concellos para garantir o funcionamento dos servizos públicos mínimos obrigatorios.Entre eles a suministración de auga potable,rede de sumidoiros,limpeza viaria,recollida domiciliaria de lixo,alumeado,mantemento dos accesos aos núcleos de poboación e outros.Ese é o espíritu do denominado POS da Deputación da Coruña,Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal.En Cedeira moitos veciños e veciñas das seis parroquias rurais levan décadas sen cobertura pública dalgúns deses servizos básicos.A maioría seguirá esperando,xa que de novo -recordemos a reforma da praza roxa ou a humanización do centro- a partida máis importante desta subvención destinarase á zona urbana.Dúas pistas de pádel cubertas por valor de 148.000 € é a principal aposta da nova corporación. Sen dúbidas o pádel será un gran icono sen precedentes no galeguismo e no progresismo.

Icono