NEGOCIO DA AUGA

|

A auga non é de todas e todos en Ferrol. A usufructúa unha empresa que se fai de ouro, porque cando gaña  queda cos cartos e candi di que perde as perdas as pagamos nós, grazas a un prego de contrato onde os responsables públicos non defenderon o interese xeral. A empresa fai un negocio que lle consinte unha maioría municipal que vota incrementos nas taxas sobre a auga e o saneamento, malia o actual estado do mesmo. A empresa converte un dereito humano recoñecido pola ONU dende 2010 nun negocio particular. Lembro as preguntas sen resposta que fixo no pleno do concello Javier Galán: como se calculou a taxa? Non dicían que non subirían o recibo da auga? E que hai dese beneficio do 6% para a empresa? O recibo vaise encarecer  aproximadamente entre 70-84 euros para un consumo de 15m3,  e o imos  pagar a xente a que non deixan que decidamos  sobre o modelo de xestión, que para nós é algo claro e deste tempo: remunicipalizar a auga para que sexa un dereito de todas e todos, para decidirmos colectivamente outra política de prezos e de investimentos.

 

NEGOCIO DA AUGA