Festas

Semella que os galegos aproveitamos calquera circunstancia para celebrar unha festa Precisamente é agora, en pleno verán, cando as festas proliferan no noso país. Hai tantas celebracións, a feitos históricos, aos santos ou aos alimentos, que mesmo parece que xa non queda cousa algunha que celebrar.  E nembargante, se non estou nun erro, coido que falta unha que debería enaltecer o pan de millo, aquela gloria amarela, coñecida como boroa, broa, borona, ou “pan de metal”que así lle chamábamos nos tempos da miña nenez. Seica os nenos da aldea, como o “Balbino”, devecían polo  pan trigo, mentres os nenos das vilas, era a boroa, o que podían catar de tarde en tarde. Lembro que no meu rueiro había unha parella maior que, ás veces, traía da aldea algún bolo daquel riquísimo pan, que a dona, a señora Ramona, compartía xenerosamente cos picariños veciños. Santa muller aquela, que non esquecerei mentres viva. Cantas lembranzas! E canta fame. Que non volva nunca máis. Amén.   

Festas

Te puede interesar