Curas que condenaron o franquismo

unha colaboración anterior escribín de só catro bispos que condenaran o franquismo. Hoxe presento o artigo de sacerdotes que condenaron o golpe de estado e a guerra civil. Hai unha morea deles, que coa vida pastoral, coa palabra ou con escritos combateron a guerra fratricida e as declaracións episcopais. Destes sacerdotes teño unha ampla biografía dos que vou facer unha pequena escolma en dúas colaboracións. 
Comezamos por dous madrileños, Leocadio Lobo e Gallegos Rocafull. Sen Pastor, pois Eijo Garay fuxira, escribiron unha como pastoral de moita sona, chamada Palabras Cristianas. Coa base na doutrina social da Igrexa esixían a obediencia ás autoridades lexítimas: “quebrantar la obediencia y acudir a la sedición y violencia es crimen de lesa majestad, no solamente humana sino divina”. Foron comisionados polo goberno para contrarrestar a propaganda contra da República en Europa: “Si é verdade que houbo actos vandálicos e persecución de sacerdotes e relixiosos pola saña de odio de moito descontrol nos primeiros meses, mais nunca promovido pola autoridade política. Houbo debilidade por parte do goberno, mais nunca cómplice nin moito menos animador”. Como sacerdotes e fieis á doutrina da Igrexa condenaban a guerra fratricida que non fora iniciada polas autoridades republicanas. “Esta guerra fratricida, asesina, llena de odio, irreparable, interminable. La guerra civil está ahí con sus horrores y atrocidades. ¿Quién la ha desencadenado?”. 
Leocadio Lobo tivo a responsabilidade da conservación dos arquivos eclesiásticos da capital. A súa equipa fixo unha labor encomiábel para salvar o patrimonio nas igrexas que arderon, non só pola queima dos violentos, tamén polos bombardeos dos avións de Franco, que destruíron varios templos.
Leocadio non esqueceu o seu labor humano e fraterno cos sacerdotes que padecían miseria nos seus agochos. Doíalle a falsidade daqueles que viñan pedirlle axuda e protección e na falsa propaganda rebelde constaban como “asasinados” polos republicanos; moitos deles facían de quintacolumnistas.
Neste contexto temos un caso curioso do sacerdote José Mª Lahiguera. Proporcionáronlle un agocho ben seguro. Co permiso de Fernando de los Ríos utilizou o seu domicilio baleiro, xa que estaba de embaixador en EE.UU. coa súa familia. Dicía fachendoso este sacerdote que só contaba coa protección de Deus e de María para actuar como sacerdote das “catacumbas”. Foi o fundador das Oblatas. De bispo auxiliar en Madrid e arcebispo en Valencia, non se soubo que tivera en conta a axuda socialista.
Ao noso Leocadio, emporiso, tocoulle sufrir as penas do exilio e a suspensión a divinis. Traballou de guionista en Hollywood, e por fin abrandou o duro corazón de Casimiro Morcillo, vigairo da diocese de Madrid, responsábel das cartas que lle mandaba coas condicións leoninas que lle impoñía para conseguir a anulación da pena canónica. No 1947 recupera as licencias sacerdotais por medio do nuncio en Nova York.
O seu delito, aparte de ter denunciado a santa cruzada e colaborado coas autoridades republicanas, viña de lonxe por non ser eclesiástico ao uso tradicional. De 1918-1936, foi coadxutor 1º de San Ginés, na parroquia céntrica da calle Mayor. Alí botaba as famosas homilías co templo ateigado de xente popular. E ademais atrevíase a rezar polo presidente da República na oración da misa, que os xerarcas suprimiran, por estar dedicada ao monarca, mais el substituía o monarca polo nome do “Presidente Niceto” ou “Presidente Manuel”, segundo fora Alcalá Zamora ou Azaña.
Gallegos Rocafull, coengo de Córdoba, profesor da universidade Central de Madrid, foi a testemuña no lado da República que levou escrito ao exilio en México o que vira e oíra en Madrid. Alí desenrolou o seu saber como cofundador do Centro Cultural Universitario, (Universidade Iberoamericana) dos xesuítas co ensino de socioloxía e filosofía e, posteriormente, profesor das mesmas materias na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Alentou e compartiu as penas dos exiliados republicanos. Mais as denuncias do réxime franquista durmían no seu arquivo secreto. 
Declara as penas que sufriu pola suspenssio a divinis do seu bispo, Adolfo. Escribe una carta con moito amor e respecto ao bispo de Madrid, Eijo Garay. Non recibiu resposta. O 20 de maio de 1950, puido recuperar a súa dignidade sacerdotal. As súas homilías como párroco de La Coronación, México DF, eran publicadas na prensa; foi invitado a universidades para dar cursos de socioloxía, filosofía e teoloxía. Recibiu a visita do bispo, don Albino, sucesor do que o suspendera “a divinis”, para convencelo do seu regreso a España, non aceptou. Morreu dando unha lección na universidade de Guadalajara, México. 
O seu arquivo, no que el tiña escrito da guerra civil, tívoo ben gardado, o seu executor depositouno na Universidade Iberoamericana. Foi inventariado no 2004, e no 2005, saíu ao prelo en México o libro Pequeña Grey, unha extraordinaria e crúa vivencia testemuñal de Gallegos sobre a guerra civil en Madrid. Velaquí estes recortes:
Así comeza: «¡Qué extraña manera de salvar a España!», con una guerra devastadora y fratricida”. 
Unha das penas que máis tivo que sufrir foron os asasinatos de compañeiros e amigos entrañábeis, mais tampouco deixou de escribir a verdade que tiña comprobado: 
Me convencí que si mataban a sacerdotes no era por odio a Cristo, sino porque creían que todos ellos eran enemigos del pueblo, rebeldes de corazón, quintacolumnistas”
Velaquí un cúmulo de preguntas saídas do corazón dun sacerdote de Cristo non de Franco:
“¿Es que por muchos que sean los crímenes de los “rojos” pueden quedar justificados los crímenes de los “blancos”. Coñecen os crimes dos republicanos mais non os da propia zona: ¿Es que no se han enterado de las matanzas en Badajoz y Málaga, de los fusilamientos en Sevilla y Valladolid, de la destrucción de Durango y Guernica?” Por que tanto empeño en que confesen e comulguen, e non saben por que son fusilados? 
[…] ¿Es que pueden en conciencia afirmar que no ha habido millares y millares de fusilamientos sin proceso de ninguna clase?
¿Es de paz o de guerra la misión de la Iglesia? ¿Qué es preferible, el martirio, o el empleo de la violencia? ¿Es el Cristianismo odio o amor? ¿A los extraviados hay que convencerlos o exterminarlos? ¿Son los Obispos los representantes de Cristo o de Franco?”
O título de Pequeña Grey está tomado da frase do Evanxeo de San Lucas (Lc12, 32) Co mesmo título, Pequeña Grey, foi publicado, no ano 2007, por Península en España. A xoia do seu arquivo témola, na actualidade, fotocopiado no Centro Documental Memoria Histórica de Salamanca.
É unha mágoa que a Igrexa non ouvise nin acreditase a estes profetas que actuaron con unha misión evanxélica senlleira no lado gobernamental da República. Grazas a eles salváronse vidas, templos e arquivos parroquiais.
 

Curas que condenaron o franquismo

Te puede interesar