REVOLUCIÓN DOS CRAVOS

Cúmprense corenta anos da Revolución dos Cravos, “madrugada libertadora” onde o pobo  fixo certo aquelo de ser o que máis ordena.
Dese proceso revolucionario despréndense leccións vixentes para aquí e agora: así, sobre a forza e capacidade dun pobo ao redor de obxectivos democráticos e sociais claros; sobre o valor da acción unitaria das forzas políticas e sociais para derrotar aos vampiros do capitalismo que o “comen  todo e nada deixan” como cantara Zeca Afonso; relativas á determinación e o heroísmo da xente do común cando se concretan intelixencias que constrúen un bloque político e social para cambiar un réxime esgotado; ou referidas a adecuar medios e fins nas loitas sociais para erguer unha contrahexemonía de valores emancipadores... moitas leccións aínda por facer nosas para que sexa cumprido que mande o pobo, para que sexa certo aquello de vivir en democracia.

 

REVOLUCIÓN DOS CRAVOS

Te puede interesar