Facerse rico

Segundo as opinións de importantes psicólogos, nas necesidades biolóxicas do ser humano, non hai nada que xustifique a necesidade da riqueza. E nembargante, o impulso de facerse rico parece estar presente no individuo, como obxectivo principal, como no caso das persoas, que parecen trocar en ouro todo o que tocan. O feito de ter moitos cartos, seica concede un enorme poder, que é o que realmente fai feliz ao rico, pois os cartos en si mesmos, non parecen dar a felicidade, máis aló de todo aquilo que se poda mercar. Mais unha vez mercado todo o que se desexa, para que serven os cartos?  Lembro que de neno escoitaba historias dos usureiros que disfrutaban contando as moedas de ouro. Mais, que pracer pode haber en ter os cartos escondidos nun paraíso fiscal, onde non se poden ver nin contar? Se cadra búscase seguridade, ou incluso, a satisfacción de ser máis listo que os ministros e os inspectores de Facenda, cousa que tamén ten o seu aquel. Digo eu, claro. Ou non é? 
 

Facerse rico

Te puede interesar