Pactar co diaño

ara que falar de pactos se é tabú falar de política? Con esta interrogación o BNG provocou o pánico ao mudar a pregunta cando xa tiñan a resposta. 
De aí veñen as presas por pechar acordos postelectorais e o argumento de ou iso ou o kaos cada vez se fai máis ansioso. Pero á cidade pouco lle importa esta humana resistencia ao cambio e encara as eleccións superando o narcotizante debate entre esquerda e dereita para ir máis aló da dialéctica pactista de bloques.
O PSOE recorre á sector máis tradicional para ofrecer unha opción que xa coñecemos por experiencia do pasado. O Sr. Mato foi parte do goberno de Irisarri. Do mesmo modo que a oferta do Sr. Rey Varela e do Sr. Suárez tampouco nos resulta descoñecida se temos en conta que son os dous últimos alcaldes da cidade. Se a isto sumamos que o PP está morto electoralmente tras as eleccións xerais, a realidade que temos diante é incontestable. 
Ferrol escollerá entre o continuísmo que representa o PSOE máis tradicional ou novos camiños que está a abrir o BNG xunto á veciñanza e que implicarán unha ruptura con todo anterior encarando o futuro con determinación. E os pactos coma o kaos, deixémosllos ao diaño que sabe máis por vello que por diaño.

Pactar co diaño

Te puede interesar