Privatizar

Aai unha febre privatizadora que semella ser moi contaxiosa, afectando a entidades e servizos públicos que están pasando a mans privadas, sen que haxa unha razón lóxica para este feito.

Dise que é para o aforro do Estado, pero iso custará máis aos cidadáns, resultando un xeito camuflado de aumentar os impostos, coa diferenza de que subindo os impostos, os cartos irían ás arcas do Estado, mentres a privatización levará os cartos a petos privados.

Dise tamén que o privatizado vai funcionar mellor, mais non se entende que cambiar de dono un servizo mellore o seu funcionamento, a non ser que aqueles que administran os bens públicos sexan uns ineptos e, se é así, a solución estaría en cambiar a ese fato de inútiles.

Claro que estes cambios poderían ir dirixidos a favorecer os intereses de familiares e amigos, que é o que parece suceder nalgúns casos.

De calquera xeito, coido que privatizar é unha rotunda confesión de incapacidade.

 

Privatizar

Te puede interesar