Designación

Suponse que, nun sistema democrático, o encargado de dirixir o rumbo dun estado ten de ser designado democraticamente. Mais compre preguntarse se iso é realmente así, cando o candidato elexido polos votantes foi previamente designado “a dedo” dentro do seu partido político. Porén, non se trata agora de discutir a legalidade do procedemento, senón de sinalar unha presunta incongruencia. Concretamente en España, a xefatura ostentada polo señor Rajoy veu precedida da súa designación como candidato, feita polo poderoso dedo do sr. Aznar e non polos militantes do seu partido. A min gustaríame saber os méritos do actual presidente que, a simple vista, non parece ser dono de grandes virtudes políticas, económicas ou de oratoria, non sendo a súa lealdade oferente da garantía de poder gobernar o país desde as sombras, a través de Aznar, a FAES e a Conferencia Episcopal, que son quen parecen marcar o camiño para acadar o modelo de sociedade que queren impoñer.

Designación

Te puede interesar