NOVAS ELECCIÓNS

|

Segundo recentes sondaxes, se se repetisen as eleccións, o grupo de Pablo Iglesias perdería uns cantos votos. Máis aínda se os socios das distintas mareas decidisen formar partido “instrumental” –talvez nova denominación para máis do mesmo, quen sabe–, e concorrer por separado. O castigo dos votantes está aí e habería que prestar atención a eses datos. Non obstante, o líder morado parece non percibir que, despois de predicar asemblearismo,  os de abaixo e os do medio, de esquerdas ou de dereitas, non queren personalismos nin incapacidade de diálogo con toque de perrencha. Moito menos os arribistas que xorden en calquera formación emerxente, xa que ven esvaecer as súas posibilidades. Sorprendentemente, parece que o PP aumentaría o número de votos. Os seus seguidores semellan impermeables á corrupción, tanto lles dá e tanto lles ten o que leve roubado? Son fieis ás súas ideas e perdóano todo. Mesmo pasan por alto que o financiamento ilegal dun partido converte a democracia nunha fraude. Que dirían se outros xogasen con esa vantaxe?.

NOVAS ELECCIÓNS